Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu pon en marcha o programa de atención psicolóxica ao/á menor

Dende o Departamento de Benestar Social do Concello de Bueu estase a desenvolver un novo servizo de atención psicolóxica á/ao menor, subvencionado polo Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 da Xunta de Galicia. Este servizo estará dispoñible ata xuño do 2021 e con el tratarase de prestar apoio en situacións que entrañan algún conflito nos e nas menores e nas súas familias.

As liñas de actuación do programa son tres: en primeiro lugar, a educación e o apoio familiar e psicolóxico para as familias e menores; segundo, o reforzo socioeducativo para menores, con accións encamiñadas a superar situacións detectadas nos e nas menores tanto a nivel social como de aprendizaxe na escola; e, por último, a orientación e formación académico – profesional, mediante accións que favorezan a empregabilidade e garantan a a inclusión sociolaboral das persoas con baixa cualificación, a través do deseño conxunto de itinerarios formativo – laborais personalizados.

Máis información a través do correo benestarsocial@concellodebueu.gal ou no teléfono 886124816.