Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno extraordinario

A corporación municipal de Bueu celebrará o próximo martes, 16 de xuño, unha sesión plenaria extraordinaria, que se poderá seguir en directo na canle de YouTube do Concello de Bueu a partir das 10.00 h.

Os asuntos que se tratarán son:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Proposta do concelleiro delegado de desenvolvemento e innovación tecnolóxica para a implantación do sistema de videoactas para as sesións do Pleno da corporación municipal. Expediente 1240/2020.
A.2.- Proposta de Alcaldía de rectificación de erro material do acordo adoptado polo pleno en sesión ordinaria celebrada o 01.06.20 polo que se aprobou inicialmente o orzamento municipal 2020 e aprobación das bases de execución do orzamento 2020. Expediente 957/2020.
A.3.- Sorteo composición mesas electorais Eleccións ao Parlamento Galego a celebrar o 12 de Xullo de 2020. Expediente 1419/2020.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Comunicación ao pleno respecto da modificación na composición das comisións informativas permanentes respecto aos concelleiros do GPM BNG trala toma de posesión de D. Agustin Gallego Piñeiro. Expediente 1518/2019.