Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu estrea unha canle de comunicación directa coa cidadanía en Telegram

O Concello de Bueu estrea unha nova canle de comunicación directa coa cidadanía. A partir deste venres, as persoas que queiran recibir alertas e información de interese da vida municipal poderán descargar nos seus teléfonos móbiles a aplicación Telegram, buscar nela ‘ConcelloBueu’ e unirse á canle. Dende ese momento xa recibirán a información que se vaia enviando dende o Gabinete de Comunicación do Concello de Bueu, relacionada coas diversas áreas de xestión municipal: cultura, deporte, medio ambiente, emprego, urbanismo, sanidade, obras e servizos, etc.

Esta canle únese aos demais mecanismos de información que o Concello ten habilitados dende hai tempo, como a páxina de Facebook, Twitter, Instagram e, recentemente, Youtube.