O Concello celebrou este domingo o Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro
O Concello de Bueu organizou este domingo pola tarde o desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro. O percorrido saíu ás 17.00 h da rúa Montero Ríos, pasando por Francisco Escáneo, Pazos Fontenla, Castelao e culminando na praia da Banda do Río coa queima do paxaro.
O xurado estivo conformado por Manuela Millán, en representación do Concello de Bueu, Ana Isabel Otero, concelleira do BNG, Isolina Villanueva, edil do PP, Celso Dopazo, da Comisión de Festas Patronais de Bueu, e Eva Juncal e Purificación Pazó, da Asociación Cultural Costumes de Cela.
Os premios foron os seguintes:
Individuais
Deserto
Parellas
1º premio: Sergio Martínez
2º premio: Rocieros de Marín
Agrupacións de entre 3 e 15 compoñentes
1º premio: Oficios sin beneficios
2º premio: Os reboltosos de San Xulián
Agrupacións de máis de 15 compoñentes
1º premio: Casa do Rural
2º premio: Asociación Cultural Alfombras Bueu
3º premio: Vimos de Beluso
Comparsas de Bueu
1º premio: Tinta Femia
2º premio: Os do Pinsel
3º premio: As Faltriqueiras e Os Kantaclaro
Podedes ver as fotos na páxina de Facebook do Concello de Bueu.