1º Certame Mergullándonos no TikTok
No marco das accións de normalización lingüística, o Concello de Bueu organiza o 1º Certame Mergullándonos no TikTok, co que se pretende fomentar a lingua galega na creación de contidos nesta rede social.
As persoas maiores de 18 anos que desexen participar deberán publicar no TikTok un vídeo en galego, de temática libre e etiquetar ao Concello de Bueu (@concellodebueu) co cancelo #SeVouATikTok.
O prazo estará aberto ata o venres 7 de outubro ás 23.59 horas, e os premios consistirán en dous kits tiktokers.
Accede ás bases completas aquí: