XXIII Bandeira Concello de Bueu de traíñas
O Club do Mar de Bueu celebra a XXIII Bandeira Concello de Bueu de Traiñas que se levará a cabo no peirado de Bueu cun formato de regata en liña con 3 quendas configuradas seguindo o orden da clasificación da liga. Na primeira quenda competirán Amegrove, Coruxo, Castropol e Chapela, que ocupan as posicións 9na á 12va. Na segunda quenda competirán as embarcacións de Mera, Puebla, Vilaxoan e Rianxo que ocupan as posicións 5ta á 8va. E finalmente na quenda de honra estarán Samertolomeu, Ares, Mecos-Isabel e Club do Mar Bueu-Teccarsa que ocupan as 4 primeiras prazas da liga. A regata desenrolarase nun percorrido de 5.556 m, con 4 longos e 3 viradas.
A saida da primeira quenda terá lugar ás 12:00 h. A segunda quenda tomará saida sobre as 12:30 h e a quenda de honra arredor das 13:00 h.
O gañador da regata farase coa XXIII Bandeira Concello de Bueu e repartiranse uns premios económicos que ascenden a 9.000 euros, a repartir entre as 12 embarcacions participantes.
Como novidade este ano a liga pon ó dispor da organización unha pantalla xigante para seguir a regata dende o peirao, e ademais retransmitirase a regata en directo nas redes sociais, dende o Facebook da LGT (Liga Galega de Traíñas).