Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu e a Asociación de Hostalaría da vila, coa colaboración da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo), organizan do 8 ao 12 de marzo as “I Xornadas gastronómicas en feminino Bueu”, unha iniciativa para poñer en valor o papel das mulleres na cociña. Coa vista posta no 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, un total de trece locais da vila crearán as súas propias tapas inspiradas na cociña de Bea Sotelo, unha cociñeira natural da comarca do Morrazo que conta cunha Estrela Michelín e que é todo un referente a nivel culinario, e que destaca polo seu labor de visualización da muller na cociña.

 

A iniciativa busca visibilizar o papel das mulleres cociñeiras, que constitúen máis do 80% das cociñas de restauración, ademais de seguir dinamizando a gastronomía da vila, que é unha das máis potentes da comarca. Tal e como salientan dende a organización, o que se busca é sacar ás mulleres das cociñas de Bueu fóra e poñerlles cara, que saían da invisibilidade. Os locais ofrecerán tanto ao mediodía como á noite tapas a un custe de 3.50 €, nas que expresarán o seu coñecemento da cociña de Bea Sotelo. Con orixes na aldea marinense de Ardán, Bea Sotelo practica unha cociña avanzada aínda que de inconfundible raíz galega, e baseada no máis sinxelo dos principios, o produto fresco e de calidade».

Locais hostaleiros

Buena Vibra

EQUIPO: 3 mulleres, 2 cociñeiras, 1 camareira
“No noso local traballan tres mulleres que son parte fundamental da evolución deste proxecto”
TAPA: Bendito pecado
Tortiña de millo doce (cachapa) con lombo de porco Ibérico frito cun toque de salsa coreana agridoce
HORARIO:
12:30h A 15:30h e 20:00h a 23:00h

Casa Benito

EQUIPO: 3 mulleres, 2 cociñeiras, 1 camareira
“En Casa Benito o papel das mulleres foi fundamental xa que dende os seus inicios foron mulleres as que o fundaron cando aínda era taberna no ano 1957, indo votar a rapeta, pescar peixes, limpalos na praia e directamente fritilos para darlle os mellores produtos á súa clientela. A día de hoxe, Casa Benito continúa a ser un local no que as mulleres son primordiais para que o proxecto siga funcionando”
TAPA: Aires de mar
Polbo á prancha cun arroz meloso
HORARIO:
De luns a domingo de 13:00h a 15:00h
Sábado noite de 20:00h a 22:30h

Noite Tapas

EQUIPO: 4 mulleres, 2 cociñeiras, 1 camareira
“Fundamental…..cociña, sala, organización”
TAPA: Canelón de Galiña
Canelón de galiña guisada, cogumelos de tempada e zume de asado
HORARIO:
De 12:00h as 14:00h e de 20:00h a 22:00h

Esmorga

EQUIPO: 70% mulleres
“No Esmorga sempre houbo unha maioría feminina no plantel, posto que a impulsora do proxecto foi a nosa nai, que é a que que nos animou a abrir o establecemento”.
TAPA: Burguer Carbonara
Hamburguesa de tenreira con salsa carbonara, crocante de panceta afumada, xema de ovo curada e oblea crocante de galmesán.
HORARIO:
De luns a domingo 12:45 a 16h e de 19:45 a 21:00h
Mércores día 8 pechado

O Ratiño Pequeno

“Piar fundamental no proxecto. Sen ela non existiría “O Ratiño Pequeno”
TAPA: O MEXILLÓN
Mexillóns en salsa de miso e yuzu
HORARIO:
Mércores e xoves 20:00h a 22:00h
Venres, sábado e domingo 12:00h a 14:00h e de 20:00h a 22:00

A Centoleira

EQUIPO: 70% mulleres
“A Centoleira foi cofunfada por unha muller no século XIX e foron mulleres as que continuaron con este proxecto onde na actualidade o equipo está formado por un 70% de mulleres”.
TAPA: Cóctel de Gazpacho boroa e Ameixa
Versión de gazpacho presentado con grans de millo e ameixa escabechada
HORARIO:
12:30h a 14:30h e de 20:30h a 22:00h

Casa Quintela

EQUIPO: 3 mulleres nun equipo de 4 (cociñeira, axudante de cociña e xefa de sala) 75% mulleres
“O papel principal e primeiro foi a avoa Victoriana que continuou a súa nora Miluca e seguen sendo mulleres as que sacan adiante o negocio”.
TAPA: Croqueta de mexillón
Croqueta de mexillón e brócoli con crema de coliflor e panceta ibérica á chama
HORARIO:
Tódolos días menos o domingo pola tarde.

La Zarzamora

EQUIPO: 3 mulleres no equipo (camareiras)
«Son a cara visible do noso local e a primeira imaxe para a clientela».
TAPA: Lingote de cocido
Carne de cocido prensada, quenelle de pataca, garavanzos e aceite infusionado en pimentón»
HORARIO:
12.30h a 14.00h e 19.30h a 21.00h

O Farol

EQUIPO: 3 mulleres, 50%
TAPA: Canelón Trufado
Canelón de galiña e trufa na súa salsa e bechamel de boletus
HORARIO:
Tódolos días de 19:00h a 20:30h e sábados e domingos tamén de 13:00h a 14:00h

Aturuxo bar

TAPA: Espetadas de polo crocante en tempura con mahonesa de curri
Petiscos de polo, rebozados en tempura e en pataca, e fritidos. Servidos en espetadas con queixo afumado e con mahonesa de curri e leito vexetal de canónigos e cebolino.
HORARIO:
Mañás de 12.30h a 14:00h e Tardes de 20.30h a 22:00h

Pyramis

TAPA: Mar y Más
Polbo con tetilla sobre crema de puré de pataca á feira cunha redución de verduras en sidra e salsa codium.
HORARIO:
12:00h a 14:00h e 20:00h a 22:00h

Vinoteca A CEPA

EQUIPO: 4 en invierno e 100% do total (cociñeira, axudante de cociña e dúas camareiras)
As mulleres en Vinoteca A Cepa foron, e son, sempre o motor do funcionamento do local
TAPA: Arroz meloso de polbo con langostinos
Arroz bomba con polbo, langostinos e rustrido con hortalizas frescas
HORARIO:
Mañana 13’30h a 15’00h e Tarde 20’30h a 22:00h

Morriña

TAPA: Canelón Morriña
Canelón con carne mechada a baixa temperatura cun toque de trufa con queixo.
HORARIO:
12.30h a 15.30h e de 20.30h a 23.00h

Bar Magic

TAPA: As pocións de Feta e Frigg
Vermú con hidromel «Fenrir Tradicional», Laranxa e rama de canela. E cóctel con «Fenrir Luna de verano», Martin Miller’s summerful, xarope de mazá e puré de Kiwi.
HORARIO:
Entre semana semana, de 20:00-22:20h.
Fins de semana, de 22:30-02:00h.