Un mercado solidario para axudar a Cáritas Bueu
- Estará no baixo da r/ Pazos Fontenla, 40, do 11 ao 18 de agosto, en horario de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas
Un ano máis, Cáritas Bueu organiza o mercado solidario de verán, que se desenvolverá do 11 ao 18 de agosto nun baixo comercial da rúa Pazos Fontenla, 40, e que ten por lema “Ayúdanos a ayudar”. O horario será de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas, e as persoas que se acheguen poderán facerse, entre outros, con produtos de electrónica, roupa, xoguetes ou libros, que foron doados por persoas particulares e institucións públicas e privadas. Así o salientou Pepe Pais, director de Cáritas Bueu, durante o acto de presentación que tivo lugar diante da Casa do Concello, coa presenza do alcalde de Bueu, Félix Juncal, e do párroco da vila, José López.
Esta iniciativa, que xa conta cun percorrido de máis de dez anos, ten dous propósitos: obter máis fondos para a atención prestada ás familias durante todo o ano, e dar a oportunidade de que as persoas bueuesas e visitantes se sintan colaboradoras desta acción social que é posible grazas á doazón de produtos de forma solidaria por parte do comercio local e as persoas voluntarias.
Por último, o alcalde agradeceu e recoñeceu a labor levada a cabo por este organismo que fai posible durante todo o ano que moitas persoas e familias poidan saír de diversas dificultades.