Relación de ocupacións Plan de Activación de Emprego Deputación 2023
O Concello de Bueu presenta a relación de ocupacións que se solicitarán no marco do Plan de Activación de Emprego 2023 da Deputación de Pontevedra. As persoas que desexen participar no proceso selectivo terán que estar apuntadas cos códigos que se indican a continuación no Servizo Público de Emprego Estatal.
Os contratos terán unha duración de 6 meses e unha xornada de 37,5 horas semanais. Os perfís de ocupacións son os seguintes:
1 oficial albanelería: persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego na ocupación de ““albaneis (cod. 71211015). nivel 50”.
1 oficial carpintería: persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego na ocupación “carpinteiro/a (cod. 71311049) nivel 50”.
2 peóns de albanería: persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego na ocupación “albanel, axudante (cod. 71211015) nivel 70”.
4 peóns obras e servizos varios: persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego na ocupación “Peón da industria manufactureira, en xeral (cod. 97001104). Nivel profesional: 80. peón ”