Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Oficina de Turismo de Bueu: está situada no 1º andar da Casa do Concello e está aberta na tempada estival. O correo de contacto é turismo@concellodebueu.gal

Centro de Interpretación de Agrelo: está situado xunto á praia de Agrelo e inaugurouse no 2015. Este centro, cuxas obras de rehabilitación se iniciaron a finais do 2014, era o antigo matadoiro municipal de Agrelo construído no ano 1955 que fora proxectado polos arquitectos Francisco de Castro e Pedro Alonso. Tamén foi usado durante moito tempo como sede da protección civil.

O Concello decidiu apostar por este centro como un complemento do de Cabo Udra,e que contribúe a ser un referente do Bueu costeiro, para vincular a edificación con todos os recursos naturais, económicos e culturais do noso municipio. Este centro conta co distintivo de Centro Azul, concedido pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC).