Persoas usuarias da Asociación Juan XXIII visitaron o Concello de Bueu para coñecer o seu funcionamento
- A actividade forma parte dun programa que levan a cabo dende a propia asociación e que pretende fomentar a autonomía das persoas
Un grupo de oito persoas integrantes da Asociación Juan XXIII de Cangas e máis unha monitora achegáronse hoxe ao Concello de Bueu para coñecer o seu funcionamento e ver de preto o traballo que se realiza nos diversos departamentos administrativos.
No consistorio acolléronos Félix Juncal, alcalde de Bueu, ademais de Carmen García, concelleira de cultura, e Celso Dopazo, edil de mantemento de viais, que recibiron moitas e varias preguntas por parte das persoas visitantes. Esta actividade forma parte dun programa que levan a cabo dende a propia asociación e que pretende fomentar a autonomía das persoas, así como axudarlles a desenvolverse socialmente e exercer os seus dereitos.
O alcalde mostrou a súa satisfacción por esta visita, pois “para nós sempre é un pracer e unha gran riqueza ver o gran traballo que levan a cabo dende a asociación nas diversas áreas de traballo a prol da integración social”.
Dende o Concello fíxoselles entrega duns libros sobre a historia de Bueu, e algúns a algunhas das asistentes tamén tiveron a oportunidade de facerlle as súas propias peticións ao alcalde a respecto de arranxo de calzadas, rozas e outros asuntos.