O Mercado Ecolóxico ‘Ecobueu’ aprázase para o 13 de outubro
A concellaría de promoción económica, dirixida por Silvia Carballo, anuncia que o Mercado Ecolóxico ‘Ecobueu’ aprázase para o sábado 13 de outubro. Para este ano vaise cambiar a edición dun domingo a un sábado co obxectivo de probar un novo sistema e ver o seu funcionamento.
A comezos de setembro publicaranse as bases para que os/as expositores poidan solicitar a súa participación, tanto de forma presencial como electrónica. O número de prazas dispoñibles será o mesmo que o dos últimos anos, cunha prioridade para postos de alimentación con respecto a artesanía.