O Estaleiro da Banda do Río, a punto para a ‘Semana da Cultura Mariñeira’
O Concello de Bueu contratou os servizos da empresa local Galipar que esta semana está reparando e substituíndo as táboas de madeira que se atopan en mal estado no Estaleiro da Banda do Río e na súa contorna. Estes traballos súmanse aos de limpeza que xa se levaron a cabo no interior, e que supoñen adecentar este espazo que vai acoller unha parte moi importante da programación da ‘Semana da Cultura Mariñeira’, cuxo programa se dará a coñecer nos próximos días.
Xosé Leal, concelleiro de cultura de Bueu, avanza que “queremos homenaxear a todas as xentes do mar e á nosa tradición como pobo mariñeiro, de aí que o estaleiro sexa un dos espazos protagonistas dun programa ambicioso e que contará coa colaboración doutros colectivos”.