O Concello entregou os premios do certame #BueuTenPremio de dinamización do Nadal nas redes sociais
- O concurso premiou a @federatos e @colexiovirxemil polos vídeos publicados arredor da decoración de Nadal
- O concurso estivo activo do 10 ao 8 de xaneiro nas redes sociais Instagram e TikTok
Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, entregou este martes as tarxetas regalo ás persoas gañadoras do I Certame #BueuTenPremio, que organizou o Concello de Bueu durante o Nadal coa colaboración da Federación de Comerciantes Industriais do Morrazo (FECIMO) e da Asociación Veciñal da Banda do Río. As propostas gañadoras foron as @federatos e @colexiovirxemil, quen participaron no concurso coa publicación duns vídeos no TikTok nos cales abordaron a súa visión sobre os espazos públicos en relación co Nadal.
Os obxectivos do certame eran a promoción e fomento do consumo nos establecementos locais a través das redes sociais, por ser unha forma dinámica de poder chegar o maior número de públicos posibles, e axudar aos comercios e establecementos da vila a integrarse e coñecer os beneficios da era dixital. As persoas gañadoras fixéronse cunha tarxeta para consumir no comercio local por importe de 100 €.