O Concello de Bueu recibe ao taekwondista Ángel López Ventín
O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu na tarde deste xoves o acto de recibimento oficial a Ángel López Ventín, deportista da vila que vén de recoller o título de campión de España de Taekwondo na categoría de freestyle +18, na competición celebrada en Alicante o 10 de marzo. Así mesmo colleitou cinco medallas no europeo, que tivo lugar en Turquía do 2 ao 6 de abril: Prata dinamic Kick (trinking), Prata spinning kick, bronce jumping múltiple kick, bronce freestyle breaking e bronce en freestyle poomsae over 17.
No acto de recoñecemento estiveron presentes Félix Juncal, alcalde de Bueu, Manolo Otero, concelleiro de deportes, Xosé Leal, edil de cultura, e Macu Rodríguez, de mocidade e infancia.
O alcalde da vila deu os parabéns ao deportista e destacou que “é importante ter constancia para saber que as metas se poden conseguir”.