O Concello de Bueu mostra a repulsa ante o feminicidio d’A Pastoriza
O Concello de Bueu acolleu esta tarde unha concentración en repulsa polo feminicidio de Manuela Iglesias Fernández, asasinada a mans do seu marido no día de onte na localidade luguesa d’A Pastoriza. A concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero, deu lectura ao manifesto da Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres.
No acto tamén estiveron presentes o alcalde da vila e concelleiros/as da corporación, ademais da cidadanía.