O Concello de Bueu izou este mércores as Bandeiras Azuis nas praias
Félix Juncal e Silvia Carballo procederon este mércores ao izado simbólico da Bandeira Azul na praia de Area de Bon, despois do traballo previo de posta a punto destas e licitación do servizo de socorrismo.
O municipio bueués mantén para este verán as cinco bandeiras azuis nas praias de Area de Bon, Portomaior, Lagos, Banda do Río e Lapamán, das que ADEAC valorou a calidade das augas, a información e educación ambiental, a seguridade, os servizos e as instalacións. Ademais, a vila morracense consegue o distintivo azul para o sendeiros de Cabo Udra e Senda do Litoral, este último por primeira vez este ano, e a Aula da Natureza deste espazo, así como para o Centro de Interpretación de Agrelo, inaugurado a finais de 2015 tras ser rehabilitado polo goberno municipal.