O Concello de Bueu incorpórase á Rede Galega de Praias sen Fume
- Os areais elixidos son os de Bandeira Azul, é dicir, Portomaior, Lapamán, Lagos e Area de Bon
A concelleira de sanidade de Bueu, Teresa López, anuncia que o Concello se incorporou por terceiro ano consecutivo á Rede Galega de Praias sen Fume, unha iniciativa da Xunta de Galicia destinada a fomentar hábitos saudables.
Así, a decisión que se adoptou este ano é que as catro praias de Bandeira Azul (Portomaior, Lapamán, Lagos e Area de Bon), fosen as elixidas para formar parte desta campaña de concienciación cuxos obxectivos son promocionar unha vida sen tabaco, reforzar o papel modélico – positivo dos pais e nais, desnormalizar o uso do tabaco na sociedade e promover praias que respecten e coiden o medio ambiente.
A concelleira anima a toda a cidadanía a respectar estas medidas e a fumar estritamente nos espazos destinados para iso, como son os cinseiros habilitados nos propios carteis informativos.