O Concello de Bueu e o FICBUEU organizan unha nova edición da Ruta das Tapas 5 estrelas e ábrese o prazo de inscrición para a hostalaría
- A ruta gastronómica desenvolverase do 9 ao 18 de setembro, coincidindo co festival
- Os locais hostaleiros que desexen participar deberán inscribirse antes do 27 de xullo a través dun formulario web
A concellaría de promoción económica de Bueu e o Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) organizan unha nova edición da Ruta das Tapas 5 Estrelas, cuxo prazo de inscrición para os establecementos que queiran adherirse se estende dende o 15 ao 27 de xullo. Segundo a comunicación da concelleira da área, Silvia Carballo, os locais hostaleiros que desexen participar, deberán cubrir un formulario en liña dende a web municipal.
Ao igual que o ano pasado, as persoas participantes poderán obter un cupón con cinco estrelas en calquera dos establecementos, onde se irán selando cada unha delas por cada tapa consumida que, por certo, levará nome de película.
As rutas das tapas levan organizándose desde xa fai varios anos como unha fórmula para dinamizar a hostalería local e ofrecer unha alternativa de ocio moi vinculada aos eventos culturais e deportivos. Neste caso, a idea é facela coincidir co FICBUEU que se celebrará do 9 ao 18 de setembro, cun obxectivo de ofrecer unha oferta gastronómica paralela ao festival e así dinamizar a hostalaría local.