O Concello de Bueu convoca un proceso selectivo para crear unha bolsa de peóns de limpeza
-
O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles a contar desde o seguinte á publicación no BOPPO
O Concello de Bueu abre o prazo para a presentación de solicitudes de cara á creación dunha bolsa de contratación de peóns de limpeza viaria, edificios e instalacións municipais. O prazo é de dez días hábiles a contar desde o seguinte á publicación no BOPPO, é dicir do 29 de outubro ao 12 de novembro.
O sistema de selección será por oposición libre e todas as persoas interesadas en participar deberán achegar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello ou en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, acompañadas de fotocopia do DNI ou pasaporte con plena vixencia e certificado de escolaridade.
A bolsa terá unha vixencia de tres anos e, durante ese tempo, haberá varios tipos de supostos para contratar: a substitución de persoal laboral temporal, para a execución dun programa específico cunha duración inferior a seis meses ou por acumulación de tarefas.
O temario da proba selectiva versará sobre os elementos e coñecementos básicos de limpeza urbana, a limpeza viaria, de praias e outros espazos de ocio e lecer, os produtos de limpeza, ou a seguridade e saúde no traballo, entre outras cuestións.
Solicitude de participación proceso selectivo bolsa limpeza