O Concello de Bueu continúa coa limpeza dos espazos comunitarios
O Concello de Bueu culminou estes días a limpeza de diversos espazos comunitarios, como a zona do Pavillón Municipal de Beluso e Camiño de Soutelo, as proximidades do Campo de Fútbol de Bueu, ou o Adro de Sanamedio e os camiños de Bon.
Félix Juncal, alcalde de Bueu e encargado da área de obras e servizos, salienta que o Concello está a realizar un gran esforzo para manter os espazos públicos limpos con motivo da súa utilización para actividades municipais e dos propios colectivos. Así mesmo, tamén se avanza polos viais públicos dos lugares das tres parroquias, tanto con maquinaria de man como co tractor.
O Concello leva a cabo traballos de roza e limpeza dos espazos públicos, como viais, parques, praias, lavadoiros ou fontes, durante todo o ano pero de forma máis incisiva na primavera e verán, e para o cal se conta con brigadas municipais e outras empresas contratadas para tal fin.