O Concello de Bueu anuncia os gañadores do II Concurso de Decoración ‘Bueu, sente o Nadal’
- Este concurso celebrou a segunda edición e con el buscouse dinamizar a colaboración veciñal e reforzar o ambiente festivo da vila durante as festas de Nadal
- O consistorio reparte 1.500 euros en bonos comercio de tres categorías, que son individual, colectiva ou de escaparates comerciais e hostalaría
O Concello de Bueu reuniu este mércores, 15 de xaneiro, ao xurado do II Certame de decoración ‘Bueu, sente o Nadal’ e elixiu as propostas gañadoras nas categorías de individual, colectiva e de escaparates comerciais e hostalaría. O salón de plenos foi o espazo elixido para a xuntanza do xurado cualificador, que estivo composto por Carmen García, concelleira de cultura, Isabel Quintás, tenente de alcalde, e Alberto Moital, edil de patrimonio.
Ao certame concorreron 33 propostas, e en total outórganse varios premios divididos en tres categorías, entre as que se repartiron 1.500 euros en bonos comercio que serán entregados ás persoas e colectivos elixidos nun acto que se celebrará en próximos días. Na categoría individual, na que había oito candidaturas, o 1º premio foi para Isabel Pérez Miranda, quen se fai cun bono de 200 €, o 2º para Gonzalo Sampedro Vidal, e bono de 100 €, e o 3º para María Asunción Leal Estévez, e 50 € de bono. Mentres, na categoría colectiva, con once propostas de asociacións e comunidades veciñais, o 1º premio, dotado cun de 300 €, foi para a veciñanza de Sar, o 2º de 200 €, para a Propiedade Comunitarios Castelao 8, e o 3º, de 100 €, para María del Carmen Rey Soto. Por último, na categoría de escaparates comerciais e hostalaría, con catorce participantes, o 1º premio, cunha contía de 300 €, foi para Oxford Boutique, o 2º, de 150 €, para Gáidil e o 3º, de 100 €, para Petit Salon.
O concurso, que celebra a súa segunda edición, buscaba dinamizar a participación veciñal ao mesmo tempo que se reforza o ambiente festivo da vila nas datas sinaladas.
A continuación podedes ver os traballos gañadores: