O Comité de Entroido reunirase para preparar a edición deste ano
- A xuntanza será este venres, 17 de xaneiro, ás 20.00 h na Casa do Concello e nela estará presente Carmen García, concelleira de cultura
A concelleira de cultura de Bueu, Carmen García, reunirase este venres, 17 de xaneiro, cos colectivos, comparsas, ANPAS do municipio e demais persoas que desexen participar na organización do Entroido deste ano. A xuntanza será ás 20.00 h na Casa do Concello.
Segundo Carmen García, a idea é continuar co impulso dunha das festas tradicionais máis importantes da vila. Este ano xa se organizou unha programación moi diversa que combinou tradición e aposta por novas iniciativas.