O Comité de Entroido decide adiar o Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro para o domingo 3 de marzo
Ante as previsións de mal tempo desta fin de semana, o Comité de Entroido decidiu adiar o Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro ata o domingo 3 de marzo.
A reunión tivo lugar este xoves no salón de plenos da Casa Consistorial, e contou coa presenza de Carmen García, concelleira de cultura, e das comparsas e anpas da vila.
Así, o desfile que dá remate ao Entroido de Bueu celebrarase nunha semana se o tempo acompaña, e nas mesmas condicións que estaba previsto.