Museo Massó
En Bueu contamos co Museo Massó, situado nas dependencias da antiga fábrica de conservas de Massó. O museo, de titularidade e xestión autonómica, foi creado mediante Decreto 238/2002 de 4 de xullo, quedando adscrito á Consellería de Cultura e Turismo, con dependencia orgánica da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Sen embargo, a orixe e formación das coleccións é moi anterior e debe retrotraerse a principios do século XX, cando comeza o labor coleccionista dos Massó, grazas especialmente a dous dos seus membros: José María e Gaspar. Esta familia catalá instalase en Bueu a principios do XIX para establecer empresas vencelladas á pesca, salgadoiros nun primeiro momento e unha factoría conserveira posteriormente.
No ano 1928 Guillermo Marconi (Nobel de Física en 1909) visita Bueu e queda impresionado pola colección dos Massó e suxírelles a creación de un museo que finalmente nace o 26 de novembro de 1932. Marconi sería o primeiro asinante no libro de honra.
Debido a crise económica da conserveira Massó na década dos noventa do século pasado, crise que acarreou o peche definitivo, o museo privado queda nunha situación de incerteza e provisionalidade.
Esta realidade vai ser solventada pola Xunta de Galicia que en 1993 propón a compra a colección e unha parte do edificio da antiga factoría (xusto a carón do antigo museo). Tras unha mínima e urxente rehabilitación do edificio para usos museísticos, o 10 de xullo de 2002 inaugúrase e abre oficialmente o novo museo converténdose nunha institución pública.
Acceder á web : Museo Massó