Listado ocupacións Plan Activación do Emprego 2024
O Concello de Bueu presenta a relación de ocupacións que se solicitarán no marco do Plan de Activación de Emprego 2024 da Deputación de Pontevedra. As persoas que desexen participar no proceso selectivo terán que estar apuntadas cos códigos que se indican a continuación no Servizo Público de Emprego Estatal.
Os contratos terán unha duración de 6 meses e unha xornada de 35 horas semanais.
Os perfís de ocupacións son os seguintes:
2 Oficial albanelería: persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego na ocupación de “albaneis» (cod. 71211015). nivel 40-50.
1 Oficial carpintería: persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego na ocupación “carpinteiro/a» (cod. 71311049) nivel 40-50
2 Oficial electricista: persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego na ocupación «Electricistas de mantemento e reparación en xeral (cod.75211071) nivel 40-50.
1 Oficial fontanería: persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego na ocupación «fontaneiros» (cod. 72211012) nivel 40-50.
4 Peón desbroces: persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego na ocupación “Peón forestal, en xeral» (cod.95431028) Nivel profesional 80 peón ”
2 Peón limpeza: persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego na ocupación «Persoal de limpeza» (cod. 92101050).
1 Administrativo/a: persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego na ocupación «Técnicos/as administrativos/as en xeral» (cod.36131039)