Degusta Europa na Praza de Abastos de Bueu
A Praza de Abastos de Bueu encheuse este xoves de delicias elaboradas polo alumnado do CIFP Carlos Oroza. No marco do programa ‘Degusta Europa’ organizado pola Deputación de Pontevedra, as persoas que se achegaron ao mercado puideron gozar de petiscos tan orixinais como mexillóns ao azafrán, ensalada con peixe escabechado e torta de queixo galego con marmelada de mazá. Ademais, de bebidas prepararon dous cócteis, un con sidra e outro con albariño.
‘Degusta Europa’ celébrase xa desde fai catro anos con motivo do Día de Europa e para dinamizar os espazos dos mercados tradicionais da provincia. No acto de hoxe estiveron presentes o alcalde de Bueu, Félix Juncal, e mailo deputado provincial de promoción económica, Francisco Javier Dios Pomares.