Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XVII Festa do Viño Tinta Femia

Evento xa rematado

A Asociación de Viticultores San Martiño de Bueu organiza o 8 e 9 de xullo a XVII Festa do Viño Tinta Femia, que se celebrará no Adro da parroquia e que contará con preto dun millar de botellas desta especialidade de tinto que deleita aos padais máis exquisitos.

O programa será o seguinte:

VENRES 8 DE XULLO

19.00 h: apertura da festa

21.30 h: actuación do grupo folclórico Retrouso

22.00 h: actuación do grupo de pandereiteiras Retrouso

SÁBADO 9 DE XULLO

12.00 h: Cata Cega dos 7 viños

12.30 h: recibimento de autoridades

13.00 h: lectura e pregón a cargo de Isabel Pastoriza Santos

13.30 h: homenaxe póstuma a Benito Bernárdez Santomé (ex directivo) e Valeriano Martínez García (ex conselleiro de facenda e colaborador da festa)

14.00 h: actuación do grupo de mariachis «Os Charros»

20.00 h: entrega de premios: Cata Cega – Cata Popular- Diplomas colleiteiros

22.00 h: sorteo das rifas da festa. Non que se agasalla cun xamón e unha caixa de viño Tinta Femia

24.00 h: peche da festa