Xornadas Exaltación Polbo de Bueu
Evento xa rematado
-
Inicio
26 abril, 2024
Evento todo o día -
Fin
5 mayo, 2024
Evento todo o día
- Na iniciativa participan trece locais hostaleiros que ofrecerán unha gran variedade de pratos elaborados con este cefalópodo
- Haberá actuacións de charangas, rutas guiadas sobre a historia do polbo e exposición sobre artes de pesca
- A homenaxe e descuberta da escultura do artista local Luís Davila posponse polo mal tempo
O Concello de Bueu, coa colaboración da Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu e a hostalaría da vila, promove as “Xornadas de Exaltación do Polbo de Bueu”, un evento gastronómico e de promoción do produto local que se celebrará do 26 de abril ao 5 de maio e no que participarán trece establecementos culinarios.
Ao longo desa semana, as persoas que se acheguen poderán gozar de arredor dunha vintena de especialidades elaboradas polos restaurantes da vila co polbo como protagonista, dende o tradicional ‘polbo á feira’ ata propostas máis innovadoras. E para amenizar o ambiente, tamén se programarán actuacións de charangas musicais pola rúa e pola propia hostalaría, con grupos como Noroeste, Alambique, Os Jaláticos ou Retrouso de Cela.
As Xornadas substitúen á Festa do Polbo, que levaba xa unha vintena de edicións ás costas e que demandaba un cambio de formato. Ante iso, dende o Concello e conxuntamente coa Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, anunciouse a suspensión da festa o pasado ano e comezouse a traballar nesta proposta novidosa.
As xornadas arrancarán este venres con diversas propostas nos locais O Rincón de Cela, Pyramis, Casa Benito, Volver, Noite Tapas, Casa Quintela, A Taberna de Casa Videira, Cafetería do Centro Social, O Pazo, Buena Vibra, Pan non Noah, A Centoleira e Zarzamora. Tamén ao longo da semana, na Sala Amalia Domínguez Búa poderase ver unha exposición sobre artes de pesca do Patrón Maior, José Manuel Rosas.
A Illa de Ons tamén será protagonista, cunhas xornadas do polbo que se desenvolverán o 5 de maio nos locais O Pirata, Casa Checho e Casa Acuña.
E para as persoas que desexen coñecer os espazos do polbo, organízanse as dúas rutas guiadas “Bueu e o polbo”, que serán o 28 de abril e o 3 de maio ás 10 horas, e para as que se necesita inscrición previa de balde a través dun formulario web ou no teléfono 986390029.