Xornadas de atención á infancia: «Sinais de alarma de 0-6 anos»
Evento xa rematado
-
Data
7 mayo, 2024
-
Hora
11:30 am - 5:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Servizo de Atención Temperá (SAT) organiza unhas «Xornadas de atención á infancia», que serán impartidas por Susana Lorenzo Vázquez, terapeuta ocupacional de COESCO Formación.
O 7 de maio desenvolverase a charla «Sinais de alarma de 0-6 anos» e terá lugar no Centro Social do Mar ou ás 11.30 ou ás 17 horas. Nela farase incidencia na importancia da Atención Temperá para mellorar a autonomía das crianzas con dificultades e coñeceranse diferentes figuras profesionais que poden acompañar na mellorar do desenvolvemento e que facilitan estratexias para as dinámicas familiares.
As persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do enderezo electrónico sat.Bueu@coescoformacion.com, no teléfono 628867812 ou no SAT en horario de atención.