X Bandeira Concello de Bueu de Bateis
Evento xa rematado
-
Data
30 marzo, 2019
-
Hora
4:00 pm - 6:30 pm
O peirao de Bueu dará a saída este sábado, a partir das 16 horas, á X Bandeira Concello de Bueu de Bateis, organizada polo Concello de Bueu e o Club do Mar de Bueu- Teccarsa. Esta actividade, que xa vén sendo unha proba clásica no calendario de regatas de Bateis da Zona Sur, terá o formato de regata en liña, en quendas lanzadas na mesma categoría, cun minuto de intervalo, e con cinco minutos entre as distintas categorías.
Nas probas tomarán a saída primeiramente as regatas de categoría feminina (Alevín Feminina, Promesa Feminina, Xuvenil Feminina, Absoluta Feminina) e a continuación desenvolveranse as regatas masculinas (Alevín Masculino, Infantil Masculino, Cadete Masculino, Xuvenil Masculino, Senior Masculino). A organización agarda a participación de preto dun cento de embarcacións e de cincocentos rapaces e rapazas. Concretamente competirán polas bandeiras feminina e masculina os clubs de Coruxo, Samertolameu, Tirán, Amegrove, Robaleira, Virxe da Guía, Chapela, Meira, Cesantes, Vila de Cangas, Mecos, Vilaxoán e o anfitrión. Ademais participa por primeira vez a Escola Naval Militar de Marín.
Como premios, establécense dúas bandeiras, unha para a categoría feminina e outra para a masculina, para os clubes que acaden maior puntuación nas diferentes regatas. O percorrido sairá do peirao e finalizará na praia da Robaleira, nun campo con cinco boias.