Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ruta das Tapas Cinco Estrelas

Evento xa rematado

  • Esta iniciativa nace como unha colaboración entre a concellaría de promoción económica e o FICBUEU, co obxectivo de unir o cinema coa gastronomía da vila durante a semana do festival

Para os padais máis exquisitos e que gusten da gastronomía, a concellaría de promoción económica, organiza en colaboración co FICBUEU, a terceira Ruta das Tapas Cinco Estrelas, na que participan un total de dez establecementos que ofrecerán as súas propostas entre este venres e o 15 de setembro. A iniciativa naceu co obxectivo de unir o cinema coa gastronomía durante a semana do festival, de aí que todos os pratos leven o nome dunha película, tal e como salienta Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo.

En concreto, A Cepa anímase con “Sonrisas de una noche de verano”, Aturuxo BOK, con “La costilla de Adán”, Cafetería do Centro Social do Mar, con “20.000 leguas de viaje submarino”, Noite Tapas con “Orixe”, O Pazo con “Men in black”, Casa Quintela, con “Snatch, Cerdos y diamantes”, A Esmorga, con “Chicken Run”, Volver con “Volver”, O Farol con “Las uvas de la ira” e a Tapería Sabor de Ons con “En el corazón del mar”.

Os petiscos teñen un prezo de 2 euros e o horario para degustalos será de 12 a 14 horas e de 20 a 22 horas.

Establécense dous premios para os locais participantes: o Premio do Xurado Internacional, composto por cineastas convidados ao FICBUEU 2019, e o Premio do Público, que será outorgado a partir das valoracións que as e os comensais reflictan no folleto da Ruta das Tapas 5 Estrelas. A clientela terá ademais a posibilidade de gañar unha cea para dúas persoas. Para entrar neste sorteo deberán completar o selado das cinco estrelas do cupón, ao ir degustando as diferentes propostas, e entregalo no Despacho de Billetes do FICBUEU.

FOLLETO-RUTA-DAS-TAPAS-5-ESTRELAS