Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ruta das Tapas 5 estrelas

Evento xa rematado

A concellaría de promoción económica de Bueu e o Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) organizan unha nova edición da Ruta das Tapas 5 Estrelas, que se celebrará do 11 ao 17 de setembro. Nela participarán os locais Volver, O Ratiño Pequeno, Esmorga, O Farol, Casa Quintela,Buena Vibra, Casa Videira, Pyramis, Morriña, A Cepa e Noite Tapas.

Ao igual que os anos anteriores, as persoas participantes poderán obter un cupón con cinco estrelas en calquera dos establecementos, onde se irán selando cada unha delas por cada tapa consumida que, por certo, levará nome de película.

As rutas das tapas levan organizándose desde xa hai varios anos como unha fórmula para dinamizar a hostalería local e ofrecer unha alternativa de ocio moi vinculada aos eventos culturais e deportivos. Neste caso, a idea é facela coincidir co FICBUEU que se celebrará do 11 ao 17 de setembro, cun obxectivo de ofrecer unha oferta gastronómica paralela ao festival e así dinamizar a hostalaría local.