Proxección ‘Savia Nova’ e Asemblea Xeral Cineclub
Evento xa rematado
-
Data
28 junio, 2019
-
Hora
7:45 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub de Bueu organiza o venres 28 de xuño un acto especial para pechar a tempada e facer balance anual. No Centro Social do Mar terá lugar, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 19:45 horas en segunda, a Asemblea Xeral de soci@s.
A xuntanza terá lugar antes da derradeira sesión deste semestre, na que se proxectará o documental ‘Savia Nova’, ás 21 horas con entrada de balde e a presencia dos autores para unha charla-debate. Trátase dun proxecto audiovisual sobre a fábrica de Ence autoría de Iván Pérez, traballador forestal veciño de Lourizán, que se achegará ata Bueu para presentar o filme canda outros membros do equipo.