Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Festival Shortcutz Amsterdam

O vindeiro sábado 18 de xaneiro ás 21:00h o FICBUEU acollerá a proxección de seis pezas audiovisuais que optan ao Premio Internacional do Público do festival Shortcutz Amsterdam. Será no Centro Social do Mar de Bueu.

O Shortcutz Amsterdam é unha das principais plataformas dos Países Baixos para o talento emerxente do cinema neerlandés, que brinda oportunidades de exhibición, conectando unha audiencia nacional e internacional e facilitando as relacións entre profesionais da industria. 

Cada ano, e en colaboración con outras institucións e festivais de todo o mundo, o Shortcutz Amsterdam convida ao público internacional a escoller a súa curtametraxe neerlandesa favorita do ano. As persoas interesadas poden asistir ás proxeccións que se levarán a cabo por vilas de todo o mundo:

·   Angola – Luanda

·   Austria – Lustenau

·   Brasil – Rio de Janeiro e  Santa Catarina

·   Francia – Paris

·   Alemaña – Berlin

·   Hungría – Budapest e Debrecen

·   Irlanda – Cork

·   Italia – Pescara

·   Polonia – Poznan

·   Portugal – Guimarães e Lisboa

·   Serbia – Belgrado

·   África do Sur

·   España – Bueu

·   Surinam – Paramaribo

·   Holanda – Amsterdam, Den Helder, Leeuwarden, Rotterdam, Utrecht e Vlissingen

·   Escocia – Edimburgo

·   Reino Unido – Londres

·   Uruguai – Montevideo


Da man do FICBUEU, esta proxección farase ás 21 horas no Centro Social do Mar de Bueu. A organización do festival proporcionará á audiencia papeletas para participar na votación global que escollerá a mellor curtametraxe. A película gañadora darase a coñecer na cerimonia de entrega de premios do 12º Shortcutz Amsterdam o 19 de xaneiro de 2025. 

Os filmes que conforman a sesión son: Let me in, de Aramis García González; Behind the reflection, de Jelle Tigchelaar; Il fait beau, de Leonardo Cariglino; Lunatic, de Robin Noorda; Magma, de Luca Meisters e Tide, de Roxanne Stam.