Proxección Cineclub: «20 días en Mariúpol»
-
Data
28 febrero, 2025
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu organiza o 28 de febreiro a proxección de «20 días en Mariúpol» de Mstyslav Chernov, que se poderá ver ás 21 horas no Centro Social do Mar. A cota de entrada será de 2.00 € para soci@s e de 4.00 @ para non soci@s.
SINOPSE: Gañadora do Óscar a Mellor Documental, a crónica definitiva sobre a Guerra de Ucraína. Rodada coma un testemuño in situ en primeira liña da batalla, un equipo de xornalistas ucranianos atrapados na cidade asediada de Mariupol loita por contar ao mundo a verdade. Estamos diante dun relato vívido e estarrecedor sobre como é informar dende unha zona de conflito e o impacto do xornalismo de guerra en todo o mundo.