Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección 25º aniversario do Cineclub: «Contos de Toquio»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu celebra o seu 25º aniversario e por iso proxectará entre xaneiro e febreiro catro filmes escollidos por membros históricos da directiva. Todos os filmes se poderán ver de balde no Centro Social do Mar.

O 19 de xaneiro, ás 21.00 horas, será a quenda de «Contos de Toquio», un filme de Yasujiro Ozu, que forma parte da selección de Xabier Framil e Fran Jalda.

SINOPSE: Unha parella de anciáns viaxa a Toquio para visitar aos seus fillos, pero ningún deles dispón de tempo para atendelos, polo que deciden envialos a un balneario. Cando regresan, a nai pasa unha noite na casa dunha nora, viúva dun dos seus fillos. A diferenza dos seus cuñados, Noriko mostra afecto polos seus sogros e conforta á anciá.