Proxección 25º aniversario Cineclub: «Le Havre»
Evento xa rematado
-
Data
9 febrero, 2024
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu celebra o seu 25º aniversario e por iso proxectará entre xaneiro e febreiro catro filmes escollidos por membros históricos da directiva. Todos os filmes se poderán ver de balde no Centro Social do Mar.
O 9 de febreiro, ás 21.00 horas, será a quenda de «Le Havre», un filme de Aki Kaurismaki, que forma parte da selección de Alba Sotelo.
SINOPSE: Marcel Marx, famoso escritor bohemio, exiliouse voluntariamente e estableceuse na cidade portuaria de Le Havre (Francia), onde vive satisfeito traballando como limpabotas, porque así se sente máis preto da xente. Despois de renunciar ás súas ambicións literarias, a súa vida desenvólvese sen sobresaltos entre o bar, o seu traballo e a súa muller Arletty; pero, cando se cruza no seu camiño un neno negro inmigrante, terá que loitar contra os fríos e cegos mecanismos do Estado, armado unicamente co seu optimismo e coa incondicional solidariedade dos veciños do barrio, co fin de evitar que o seu protexido caia en mans da policía.