Presentación libro: «Urtain. Retrato de una época» de Felipe de Luis Manero
Evento xa rematado
-
Data
22 julio, 2024
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 22 de xullo a presentación do libro Urtain. Retrato de una época, de Felipe de Luis Manero. O acto terá lugar ás 21 horas no Centro Social do Mar.
SINOPSE: En Urtain, o autor recreou a vida e a morte daquel boxeador que foi un auténtico ‘ídolo de masas’ nos anos finais da ditadura; un heroe popular no que a xente do común depositou a esperanza de, por unha vez, gañar algo. E, máis alá de contarnos a historia tráxica do inagardado camiño de Urtain ás alturas, das súas peripecias -cos seus claroescuros- e da súa posterior e irremediable caída en desgraza, o autor trazou con este libro un suxerente retrato da España tardo franquista.