Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Tina e Xeró» de Pedro P. Riobó

A Libraría Miranda organiza o 29 de xaneiro a presentación do libro Tina e Xeró de Pedro P. Riobó. O acto terá lugar ás 19 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e nel participarán Asun Soñora, directora do IES Johan Carballeira, e Fran Alonso, ademais do autor.

SINOPSE: Durante o verán que separa os seus respectivos aniversarios, unha nena e un neno navegan nunha dorna até unha illa deshabitada na que, por azar, descobren un terríbel segredo que os levará a expoñerse a ameazas e perigos impropios da súa idade. Na grande aventura que vivirán, Tina e Xeró terán que encararse co mundo dos adultos, inzado de ocultacións, contradicións e desconfianzas, no que parece dominar sempre a inxustiza e a cobiza.