Presentación libro: «Receitas para encher o peito» de Xoanqui Ameixeiras
Evento xa rematado
-
Data
28 noviembre, 2023
-
Hora
7:00 pm - 9:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 28 de novembro a presentación do libro Receitas para encher o peito de Xoanqui Ameixeiras. O acto celebrarase ás 19 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e o autor estará acompañado de José Manuel García, autor e director do programa ‘Comer e falar’.
SINOPSE: Este é un libro para xente de bo comer, xente que non pode esquecer os sabores da súa infancia, nin aqueles pratos que xuntaban a toda a familia arredor dunha mesa. É un libro que recende a afumados, a caldeirada, a mar e a campo, onde se loa o produto por riba de todo, “o noso produto”, pero tamén unha cociña para saber aproveitar.
Xoanqui Ameixeiras quere transmitirnos e compartir o seu amor polo bo comer, que vén desde A Marola, aquela taberna da súa nai en Fene; unha cociña de tradición e de sabores de sempre. Unha cociña que está ben boa!