Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Loor» de Luís García Rey

A Libraría Miranda organiza o 15 de xullo a presentación do libro Loor de Luís García – Rey, nun acto que terá lugar ás 21 horas no Centro Social do Mar.

SINOPSE: Dous asasinatos, unha investigación a ritmo frenético e un final que non esquecerás. «Axel, creo que matou a alguén». Con este enigmático whatsapp da súa compañeira Loor Galván comeza a mañá do venres 9 de marzo de 2023 para o inspector de policía Axel Nash. Loor rematou a noite anterior borrache e espida na cama dunha estrella de Onlydans, e espertou envolta en sangue e abrazada ao maltreito cadáver. Por suposto non se acorda de nada.

Ao mesmo tempo, un maníaco advirte a Axel, mentras está en directo na tele, da aparición doutro cadáver no lago da Casa de Campo de Madrid. O comisario Jorge Ortiz, presionado polas altas esferas do goberno da cidade, verase obrigado a asignar o caso ao seu mellor home, Axel Nash. A vítima é unha estrela do rock e lidera unha das bandas máis exitosas no panorama musical nacional.