Presentación libro: «Le pusieron Libertad» de Gabriel Pérez Gómez
Evento xa rematado
-
Data
12 agosto, 2021
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Abrente organiza o 12 de agosto, ás 21.00 h, a presentación do libro Le pusieron Libertad, de Gabriel Pérez Gómez. O acto, que terá lugar no Centro Social do Mar, contará ademais coa presenza de Manuel Aldao.
SINOPSE: Ambientada na guerra civil en distintos escenarios de Galicia, País Vasco, sur de Francia e Cataluña, Le pusieron Libertad conta a historia da familia Rosales Villanueva, que segue os pasos de Emiliano Rosales, comunista e activo líder sindical entre os mariñeiros galegos que, coma el, víronse obrigados a emigrar ao País Vasco. A narración segue os avatares dunha familia que se verá sacudida por unha serie de cambios dramáticos. Libertad era o segundo nome que Emiliano Rosales quixo para a súa primeira filla, Carmen Libertad.