Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «La tormenta de cristal» de Pedro Torrijos

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 14 de agosto a presentación do libro La tormenta de cristal de Pedro Torrijos, que terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar e no que participarán Josiño Araujo e @PeliDeTarde.

SINOPSE: Nova York, 1977. No centro da cidade vén de inaugurarse o flamante edificio de Citicorpo. A súa peculiar estrutura rompeu as regras da arquitectura moderna e converteuno nun dos rañaceos máis recoñecibles do skyline de Manhattan, pero poucos saben o desafío que este proxecto supuxo para Bill LeMessurier. Dende que aceptou o encargo seis anos atrás, a gravidade non foi o único obstáculo que tivo que superar para alzar esta xigantesta torre de aceito, formigón e cristal. No entando, unha chamada inagardada está a piques de poñer en xaque a súa reputación. Unha estudante de Enxeñería estruturas detectou un posible erro de cálculo e todo apunta a que o edificio podería desmoronarse causando unha catástrofe inimaxinable. LeMessurier non quere admitir o seu erro, pero a proximidade dunha gran tormenta precipita unha conta atrás que ameaza a cidade enteira.