Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Doncella de hierro» de Eva Riobó

A Libraría Miranda organiza o 19 de febreiro a presentación do libro Doncella de hierro de Eva Riobó. O acto terá lugar ás 19 horas no Centro Social do Mar.

SINOPSE: Alana é unha nena que desaparece no ano 1995 en Cangas do Morrazo. As forzas de seguridade, despois de anos de busca infrutuosa, vense obrigadas a arquivar o caso, deixando unha familia rota de dor e abandonada no abismo da incerteza. Case trinta anos despois, o encontro casual do irmán da vítima don Pilar, unha moza xornalista desempregada, traerá o caso de volta ao presente. Esta verase obrigada a indagar nos cementos da igrexa católica para poder traer algo de luz ao misterio. Que pasou con Alana?