Presentación libro: «Breo. El hombre que desafió a Roma» de Francisco Narla
Evento xa rematado
-
Data
7 agosto, 2023
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza durante os meses de xullo e agosto un programa de presentacións literarias.
O Centro Social do Mar acollerá o luns 7 de agosto, ás 21 horas, a presentación do libro Breo. El hombre que desafió a Roma de Francisco Narla.
SINOPSE: o seu pai iniciara o camiño, pero foi traicionado. Con todo, el refuxiouse na costa, lonxe dos clans; só desexaba embarcar cara as verdes illas do norte e seguir os pasos das antigas lendas. Pero o seu pobo agonizabam escravizado na maior mina de ouro da todopoderosa Roma. Unha bruxa da Orde foino buscar. Unha moza destinada a liderar aos homes creuno posible.
E, entre os luxos de Roma, afogado en viño, afogado entre os seus excesos, Nerón clamou vinganza e aullou pola conquista absoluta. Nunca antes se reuniron tal número de lexións. A consigna era matar a calquera capaz de soster unha arma. E foi entón cando a liñaxe e a herdanza o obrigaron a loitar. Só había unha saída: terminar o que seu pai comezara. Xuntos prantarían cara ao imperio máis poderoso de todos os tempos.
Niske uniu aos clans. E, por fin, Breo desafiou a Roma.