Presentación libro: «Agosto» de Míriam Ferradáns
Evento xa rematado
-
Data
20 diciembre, 2019
-
Hora
8:30 pm - 11:00 pm
A Biblioteca Municipal Torrente Ballester acolle o próximo 20 de decembro a presentación do poemario Agosto, que vén de publicar a autora bueuesa Míriam Ferradáns. O acto, organizado pola Libraría Miranda, terá lugar ás 20.30 h e contará coa presenza de Antía Otero, unha das fundadoras da editorial Apiario, e do poeta Ismael Ramos.
SINOPSE: Agosto explora o lugar da perda. O poema sostense precisamente no salto entre a memoria e a actualización da esgazadura. Non hai lugar para a trampa nin para o artificio literario. Unha escrita desprovista de todo o superfluo que se inscribe na contención. Agosto abre unha fenda no espazo.