Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación conservas María Tola

Evento xa rematado

Este venres 12 de abril, a partir das 17:30 h. na praza de abastos de Bueu terá lugar a presentación das conservas artesanais “María Tola”.

María tola é un proxecto empresarial situado en Bande (Ourense) e nos seus produtos empregan plantas como as estrugas (Urtica Dioica), considerada unha mala herba no noso entorno pero moi apreciada como alimento noutros lugares. Así entre os seus produtos inclúen receitas con froita, con produtos da horta e incluso platos rematados: crema de marmelo e mazá, confitura de mirabel, celoba caramelizada con mel do Xurés, estrugas ao natural, ….

Esta actividade pretende contribuir á dinamización da Praza de Abastos e complementar a oferta de produto para os clientes da praza.