Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ollándonos no espello do tempo: Texto e Territorio V

Evento xa rematado

O 13 de agosto, ás 20.30 horas, terá lugar no Centro Social do Mar a mesa redonda “Texto e territorio” na que participarán artistas da vila ou vinculados a ela, como Adrián Pérez Bote, María Tula Méndez, Marta Otero García e Fernando Otero Otero, coa moderación de Salvador Castro Otero. A través desta mesa búscase visibilizar o talento da creación e ao tempo que se analizan os vasos comunicantes posibles entre creación, reflexión, formación, escrita e territorio. Así mesmo, tamén se reflexionará sobre o xeito no que o espazo familiar de desenvolvemento persoal inflúe na creación artística.

A actividade forma parte das xornadas «Ollándonos no espello do tempo» organizadas polo grupo O mar por diante e o Concello de Bueu.