Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiros infantís Semana Activa

Evento xa rematado

O Concello de Bueu, a través da concellaría de turismo, pon en marcha un programa de actividades co obxectivo de ofrecer alternativas de lecer para unha Semana Santa activa.

Para a cativada programaranse obradoiros infantís con actividades de lecer na contorna da piscina municipal das Lagoas, que se desenvolverán o 12 e o 14 de abril a partir das 10 horas, e nos que poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos. Neles contarase con persoal especializado en necesidades especiais, pois dende o goberno local apóstase pola inclusión de todas as persoas como xa se fixo no Entroido. Tamén aos máis pequenos e pequenas vai destinado o obradoiro medioambiental que terá lugar o sábado 16 ás seis da tarde na contorna de Cabo Udra, aínda que se chove se trasladará á Aula da Natureza.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN